De onde vimos?

Xan da Cova, un insigne toliño que viviu en Ourense no século XIX  (1829-1899)  inventou un idioma propio —o trampitán— e dous artiluxios fantásticos e case diriamos que surrealistas: o «paraugas universal» —colocado no Polo Norte, tapaba todo o Hemisferio— e o «pirandárgallo», un sistema de transporte que sabiamente mesturaba os coñecementos de aerostática cos de xeografía física.

O “Pirandárgallo” (paraugas universal) “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras dá chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador dá Esfera Terráquea”. Aínda por riba de marabillas e para poder trasladalo ao polo ou onde fose preciso funcionaba como un globo aerostático, bastaría elevarse uns metros, e esperar que chegase o lugar ao que querías ir, aproveitando o movemento de rotación terrestre.

Aquí está  a nosa orixe, estanos  no século XXI (mesmas letras que XIX noutra orde) e temos moitos pirángarllos para tí, para que poidas viaxar como Xan da Cova hai dous séculos, o único límite é o teu maxín.

Anécdotas de Don Xan foron moi famosas, algunha aínda hoxe coméntase, como a do “Can de San Roque”. ( fixo D. Xan unha figura de San Roque por encargo, e ao terminar a talla, decatouse que non incluíra ao can que acompaña ao santo, ante a prema por entregar o traballo, (cun nabo ou unha pataca, non hai acordo sobre o material empregado), talo ao animal e decorouno a modo ca figura, o milagre manifestouse aos poucos días, cando ao pobre can empezáronlle a encoller as carnes, ata que desapareceu deixando ao santo sen compañía, na igrexa que era a súa morada).

O que si é certo, é que unha figura de San Bieito realizada por D. Xan consérvase na igrexa de Santa Eufemia.

Ou a do seu xornal persoal, “O Gracioso” que contan Carlos Casares e Xesús Alonso Montero no seu libro “Vida, obra e milagres de Xan dá Coba”- Biblioteca de Autores Galegos, 1992.)

“Tamén parece probado que don Xan editaba un periódico chamado “El Gracioso”, do cal aseguraba que era propietario, director, redactor, impresor, distribuidor e único lector. Tiña o poeta na casa unha pequena imprentiña de man, na que traballaba toda a noite compoñendo de caixa a única folla, impresa por un só dos lados, de que constaba o periódico. Cando remataba a composición, imprimía un só exemplar, circunstancia que viña coincidir coa hora do almorzo. Entón saía dá casa para dirixirse a un dos cafés elegantes dá cidade, pechaba a porta e por debaixo dela metía o periódico. A continuación marchaba e non volvía ata media mañá, despois de pasar por un par de tertulias e de atender á moita xente que o paraba pola rúa. De volta, abría a porta, vía o periódico no chan e exclamaba ¡Ah, xa chegou a prensa!. Entón collía a folla de “El Gracioso”, acomodábase nun sillón e púñase a lelo”.

bd857-xandacobabx

Advertisements