Arquivo da categoría: en vivo

Luan & Gustavo Almeida. Artistas na Biblioteca

Ás veces pasan cousas máxicas nas catro paredes da nosa caixa de Imaxinópole.

Hoxe foi un deses días bonitos e inesquencibles, Luan (4ºEP) quixo actuar para todos  tocando a batería e acompañouno seu pai Gustavo Almeida na guitarra e na voz, e foi moi lindo e Gustavo contounos que hai anos na súa escola do Brasil súa nai acompañouno en circunstancias parecidas, e que estaba moi ledo por poder facer o mesmo con Luan.

Gozamos moito da vosa actuación e cariño!

Oscar Monteagudo: dúas xeracións de gaiteiros en concerto.

En Imaxinópole tivemos a sorte de inaugurar as actuacións en vivo, coa arte e a xenerosidade de Oscar Monteagudo pai e Oscar Monteagudo fillo, que nos agasallaron cunha actuación brillante e moi sentida que lembraremos sempre. Interpretaron as seguintes pezas para gaita:
1. Alfonsina: muiñeira creada por Canuto Berea con motivo da visita da raiña Isabel II. Inicialmente foi creada para tocar nun órgano dunha catedral, pero a raiña quixo que fose tocada por un instrumento propio de Galicia entón adaptarona para gaita. (Info de O.M. Junior)
2. A volta da festa.
3. Pasodoble de Viascón.
MOI AGRADECIDOS POLA XENEROSIDADE DOS ARTISTAS!!!!

Aquí unhas fotos do concertazo. Parabéns gaiteiros!

oscars-monteagudos