Arquivo da categoría: 2014/2015

Encontros na biblioteca con…

Daniel DomínguezDende a nosa biblioteca continuamos co programa ‘Encontros na biblioteca con…’. Unha iniciativa coa que os nenos e nenas do colexio manteñen un encontro ou toma de contacto con persoeiros e profesionais de distinta índole. Nesta ocasión o convidado é DANIEL DOMÍNGUEZ VÁZQUEZ, físico pontevedrés e investigador no CERN (Xenebra), que achegará os últimos descubrimentos acadados no eido da Física de Partículas.

Luns,12 de xaneiro/10:00 h.​

​Achégase  artigo publicado polo convidado relativo ao descubrimento do ​bosón de Higgs: http://www.galiciae.com/nova/182354 CERN

Samaín

En Imaxinópole viaxamos nin máis nin menos que 3.000 anos atrás para atoparnos cunha festividade celta, o SAMAÍN. Unha tradición que se ven celebrando en Galicia dende anos atrás a noite de defuntos, cando as portas entre este mundo e o alén quedan abertas, permitindo atoparnos cos nosos antepasados.

A nosa biblioteca invadiuse de este espírito enchéndose de cabazas talladas que alumeaban a chegada dos defuntos.

Cabaza tallada
Preme na imaxe para ver o resto das cabazas