O río Lérez unha fonte de lendas e historias


O noso alumnado achegounos estas lendas recollidas na contorna do centro, moi  pertiño do Lérez que nos baña,

O RÍO LÉREZ

Nace en Aciveiro, Forcarei, na Serra do Candán, aos pés do monte de San Bieito.. rega as terras de Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra. O seu nacemento é resultado das fontiñas de Pao Dereito, Rego Dedra, máis abaixo, os regos da Meixoeira e dos Bidros. No Rueiro da Noveliza toma xa trazas de río. Na idade Media se lle chamaba o Rio Grande de Lérez e inda hoxe, nalgúns lugares e entre os lugareños se lle segue a chamar o “Río Grande”
A súa importancia etnográfica explica a cantidade de patrimonio que o franquea, só no concello de Pontevedra existen 52 pezas das que 14 son muíños, 7 pontes, 6 lavadoiros, 5 cruceiros, 2 petos de ánimas, unha fonte, un antigo balneario e un hórreo. Tamén hai vellas adegas e mesmo construcións en pedra das que se descoñece a función.
Maltratado, augas abaixo, o río vai estreitar a súa canle cos continuos recheos de boa parte das Xunqueiras do Vao e do Covo e a banda urbana que acabou co seu histórico porto fluvial. Tamén a enseada de Lourizán foi invadida nos anos 60 por unha industria contaminante que esperamos que en breve sexa trasladada .
Sábese que as beiras do Lérez estiveron moi poboadas no pasado e así o proban os petróglifos, mámoas, castros e , máis recentemente, mosteiros e grandes casonas que descansan preto da súa marxe.
Existen en torno ó río moitas historias, contos, lendas:
A da trabe de ouro que conta que deixaron agachada debaixo dunha pena os mouros e mouras antes de ter que fuxir a toda presa. Esta lenda é común a moitos lugares de Galiza con pequenas diferenzas, nalgún caso hai 3 trabes pero na maioría dos casos, coma no caso do Río Lérez, hai unha trabe de Ouro e outra de alcatrán pero ámbalas dúas e por encantamento dos mouros, teñen similar aspecto, o que as atope, se colle a de ouro, farase rico inmediatamente pero se colle a de alcatrán morrerá queimado pero ademais levaralle a desgraza ós seus parente e veciños.
A da galiña de ouro que saía todas as tardes as noites de San Xoán e que non había quen de pillala
A da cruz do namorado que se pode ver no fondo do río nas noites claras de lúa chea e tantas e tantas outras.

LENDA DA LOUREIRIÑA

É a lenda dunha fermosa ninfa rubia que baixou desde o Castro de Loureiro, onde moraba, para contemplarse nas cristalinas augas do Lérez, na zona da Ponte do Crego. Enfeitizada pola beleza da extensa e frondosa carballeira , a rubia ninfa quedou durmindo placidamente e cando de vez en cando espertaba, aparecíaselle ós camiñantes.
Un día de san Xoán, un xentil mozo falou con ela e esta levouno ata unha cova que tiña a porta a flor de auga. Estaba chea de ouro, alí había vaixelas de ouro, culleres, pratos …, todo de ouro, incluso tiña unha galiña de ouro que puña ovos de ouro. Pero tamén lle contou que tiña na entrada unha trabe de alcatrán que, se a Loureiriña quería, queimaría a quen se atrevese a achegarse ó tesouro.

A MALDICIÓN DE SANGUE

Conta esta lenda que establecida a poboación dos castros nas Rías Baixas empezaron tamén a colonizar terras do interior. Estábanse orixinando enfrontamentos entre os poboadores dos diferentes castros, roubos de gando, raptos de mulleres …. Nun determinado momento empezaron a aparecer problemas porque algunha mulleres, despois de ter un primeiro fillo sen ningún problema, presentaban anomalías no 2º embarazo morréndolle o bebé ou presentando diversas taras físicas.
Naqueles tempos cando a superstición estaba moi por enriba dos coñecementos médicos, os castrexos, para evitar esa “praga” non atopaban mellor solución que desterrar dos castros a esas mulleres “embruxadas” e ás súas familias, ó mesmo tempo aproveitaban tamén para desterrar ós homes máis conflitivos. Precisamente o destino común deste grupo de proscritos foi a “Terra de Montes” onde, pensaban os castrexos, a ruda natureza, acabaría con eles.
Pero resultou que a natureza non acabou con eles, ó contrario, ofreceulles peixes dos seus ríos, sobre todo do “Pai Lérez” e a caza dos seus montes converténdoos nunha rica comunidade que, inda máis tarde, ía descubrir as minas de metal que abundaban na Terra de Montes.
Desta maneira, o que empezara como un duro desterro acabou converténdose nunha vida dura pero tamén ventureira e fértil.
Tendo en conta a causa da súa expulsión dos castros e para evitar que volvera ocorrer, estas xentes vetaron o apareamento con habitantes doutros lugares e cando non se respectaba este acordo, o segundo fillo non chegaba a nacer ou nacía con taras, manifestándose así a vixencia de aquela”maldición”.
Aquí remata a lenda pero enlaza coa realidade, parece ser que inda na actualidade hai un relevante maior número de habitantes con RH negativo con respecto a outras zonas.
Poucas veces coincide unha lenda coa probabilidade científica de un modo tan patente.

LENDA SOBRE A FUNDACIÓN DE PONTEVEDRA

Sobre o nacemento da cidade de Pontevedra existe una lenda de orixe renacentista que di que o responsable da fundación da vila foi Teucro, un dos heroes da Guerra de Troia.
A lenda di que Teucro participou na guerra de Troia xunto co seu irmá Ayax contra os seus parentes Paris e Priamo. Era un gran arqueiro, cun fermoso arco regalado polo mesmo Apolo, e un moi valente guerreiro. O seu irmá, valente tamén, tolea e suicídase. Cando volve á casa, o seu pai culpao inxustamente da morte do irmá e mándao ó exilio . Empeza entón unha longa viaxe, acompañado por outros valentes guerreiros amigos de seu, ó longo dese longo percorrido fundan algunhas cidades, entre elas Helenes en honor a súa muller Helena, filla do rei Putrech quen, nese momento dirixía o exército grego cara a cidade de Atenas. Esa cidade foi máis tarde a actual cidade de PontevedraImaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s